Saturday 18 de May de 2024

Cambre otorga os premios do concurso #Faiteuncambrie


O xurado destacou do primeiro premio o colorido da imaxe, a composición, o xogo co paraguas e a choiva e a posta en valor do patrimonio arquitecónico

O Concello de Cambre otorgou hoxe os premios da segunda edición do Concurso de Selfies “Faiteuncambrie”, evento que ten como obxectivo poñer en valor a imaxe do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do concello.
O xurado, composto polos fotógrafos profesionais Xacobe Melendrez Fassbender, Pedro Pastor, e Denia Priegue Louro fallou esta mañá os premios do certame tras analizar os case 40 imaxes colgadas nas redes (Facebook, Twitter e Instagram co hashtag #faiteuncambrie).

Este ano ampliáronse os premios e haberá dous en cada unha das tres categorías de Selfies.

-A gañadora do 1º Premio na categoría Mellor Selfie (mellor selfie que poña en valor a imaxe do patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio) foi “chasteli” cunha imaxe da igrexa románica de Cambre, que recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J7 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

E o segundo Premio nesta categoría foi para Roi Neira, que recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

-O gañador do 1º Premio na categoría Mellor Selfie Grupal (Premiarase a imaxe máis orixinal en que aparezan polo menos dúas persoas) foi para MAxi Vaz, que recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J5 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. E o Segundo premio nesta categoría foi para “Lemon coutereanphoto”, que recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

-E polo que respecta ao gañador na categoría Mellor Selfie máis divertido o premio foi para gc.isturiz, que recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J3 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. E o segundo premio foi para “bribesemoito”, que recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

Asemade, o xurado fixo unha mención especial á creatividade artística e inspiración de Maxi Vaz, coa imaxe no Apeadeiro de Cecebre.

Segundo o alcalde de Cambre. Óscar García Patiño, o concurso tenta potenciar e poñer en valor a paisaxe natural e o patrimonio cambres a través da tecnoloxía. “O noso interese é dar a coñecer os recunchos máis fermosos do noso municipio utilizando as novas tecnoloxías como canal de comunicación efectivo”, apuntou.